Os irmáns Coira centran as actividades paralelas na Semana de Cine de Lugo

A parella de cineastas protagonizará unha exposición, presentará proxeccións e descubrirá dúas placas de homenaxe no Paseo do Cine
Pepe e Jorge Coira. AEP
photo_camera Pepe e Jorge Coira. AEP

Os irmáns lucenses Pepe e Jorge Coira serán as figuras máis representativas no programa de actividades paralelas da XLV Semana de Cine de Lugo, que se celebrará entre o luns día 18 e o sábado 23, con exposicións, pases e placas no Paseo do Cine.

A presenza dos Coira será notoria dende o martes, cando se inaugure a exposición homenaxe aos rabadenses ás 18.00 horas no edificio da Delegación Territorial da Xunta en Lugo.

Haberá unha presentación do libro de homenaxe que se lles dedica, así como unha presentación a cargo do guionista e produtor Pepe Coira aos asistentes da proxección de Eloxio da distancia (2008). Será a primeira das películas do ciclo Retrospectiva Irmáns Coira.

O documental, dirigido por Felipe Vega e Julio Llamazares, describe un ano na vida dos habitantes da Fonsagrada, unha comarca lucense que vive lonxe do tempo urbano, no seu propio tempo. Foi producida por Bren Entertaiment.

O venres inaugurarase unha exposición de homenaxe a Pepe e Jorge Coira na Biblioteca Provincial de Lugo, que estará aberta ata o 4 de outubro. Ás 20.00 horas, no salón da Deputación Provincial. Pepe Coira falará os asistentes antes dun capítulo especial da serie As leis de Celavella.

O Paseo do Cine acollerá o sábado 23, ás 13.00 horas, o descubrimento das dúas novas placas do, dedicadas aos Coira, coa súa presenza, e a Eduardo Fajardo.

O colectivo de colaboración social Auxilia terá o seu recomento cunha proxección ás 20.00 horas do luns no salón da Deputación Provincial. Asistirá Nuria Neira Vila, delegada de Auxilia en Lugo.

Pola noite, terá lugar o acto inaugural da Semana de Cine de Lugo ás 22.00 horas no auditorio Gustavo Freire. Haberá música de cine a cargo da Banda Sons e Soños Banda da Semana de Cine, que está dirixida por Armando Morales. Interpretarán a música das películas La conquista del paraíso, Carros de fuego, El último mohicano, Forrest Gump e Colonel Bogey (El puente sobre el Río Kwai).

A maiores, haberá debuxos en area a cargo de Marcos Escudero e a proxección dunha curtametraxe de Clara Coira, que primeira proxección da Sección Oficial.

FOTO OLIVER. Haberá tamén un acto de homenaxe a Anxo Arias Prado, de Foto Oliver de Viveiro. Será o martes 19 ás 20.00 horas na Deputación Provincial. Consistirá na proxección da película Cardoña. Fotos a 7 pesetas.

O mércores 20 o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería, Cheché Real estará na proxección de homenaxe a E para comer, Lugo.... Estará acompañado por Alfredo Sánchez Carro, promotor deste eslogan gastronómico.

Haberá un recordo á orixe da Semana de Cine coa proxección de El amigo americano, de Win Wenders. Foi a cinta elixida polo público como mellor película na primeira Semana de Cine. Verase o xoves ás 20.00 horas no salón da Deputación Provincial.

Comentarios