Irene Pin, directora da webserie ‘Amnesia 3.0’: "A memoria é o que nos define"

A realizadora lucense falou na súa cidade sobre os cambios que terá a segunda tempada. A obra está dividida en cinco capítulos duns dez minutos e pode elexirse entre tres tramas.
Irene Pin, diante do Cárcere Vello de Lugo VICTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera Irene Pin, diante do Cárcere Vello de Lugo VICTORIA RODRÍGUEZ

Aurelia foi este venres dende Muimenta ao Vello Cárcere de Lugo para ver unha proxección. A viaxe non cómoda aos 89 anos, pero a directora era Irene Pin, a súa neta. Pin (Lugo, 1995) comentaba ilusionada que "é a primeira vez que a miña avoa ve algo filmador por min". Aurelia non lle aumentaría os nervios da presentación, na que falaba sobre a segunda tempada de Amnesia 3.0. "Todo lle parece ben", garantizaba a cineasta,que levou o galardón de mellor serie no Carballo Interplay coa anterior tempada.

Amnesia 3.0, comenta Irene Pin, "trata dunha sociedade distópica na que as persoas perderon a memoria" nun futuro cercano e indeterminado. Un grupo delas "fuxiu do borrado colectivo de memoria e vive fóra desa sociedade, levando unha vida antiga, que sería a nosa".

Irene Pin revela que a memoria lle interesa dende os 20 anos "e está presente en toda a miña obra, porque a memoria é o que nos define. O pasado define o presente". A realizadora defende que a súa weserie é ciencia ficción, "pero a ciencia ficción non é un xénero escapista, ten un tratamento naturalista"

"As formas de relacionarnos cos demáis deixa atrás a memoria porque dependemos das imaxes, esos arquivos son volátiles", define, para engadir: "A miña avoa non tiña máis que tres ou catro fotografías. Hoxe non lembra do que comeu onte, pero pode contarche moitas historias de vello e  unha historia leva a outra. Non estou dicindo que esa forma de memoria se vaia perder, pero si que se está transformando".

A webserie volve narrarse a través de tres liñas narrativas. A segunda parte de  Amnesia 3.0 poderá verse nos móbiles e nos ordenadores dentro duns meses. Disporá de tres liñas narrativas de xeito que o espectador poderá seleccionar continuar vendo unha trama ou outra. Mesmo poderá volver atrás se quere ver todas. Os cinco capítulos duran uns 10 minutos cada un.  Actores como Melania Cruz ou Xúlio Abonjo están no proxecto.

Comentarios