Intelectual e activista cultural de xenerosa e inesgotable entrega a Galicia

Del Riego foi sempre un home ponte entre xeracións, ideoloxías e tamén entre a Galicia de aquén e alén mar
Francisco Fernández del Riego. EP
photo_camera Francisco Fernández del Riego. EP
Francisco Jesús Benito Antonio Fernández del Riego (Francisco F. del Riego) nace na vila luguesa de Lourenzá a mañanciña do 7 de xaneiro de 1913, "como un regalo adiado de Reis", así lle gustaba dicir a el. A primeira escola, os estudos cos frades laurentinos e a descuberta da lectura van marcar a súa infancia. Tamén a amizade con Álvaro Cunqueiro, ao que coñece no Instituto de Lugo a onde se ían examinar ao rematar cada curso. A súa fraternal relación dende cativos foi capital para que o autor de ‘Merlín e familia’ volvese á escrita en galego durante a ditadura. [Podes seguir lendo o artigo neste ligazón]