sábado. 15.08.2020 |
El tiempo
sábado. 15.08.2020
El tiempo

A Feira do Libro enche de cultura Redondela ata o domingo

A Feira do Libro de Redondela abriu as súas portas este xoves, cun acto de inauguración no que participaron representantes institucionais e da Federación de Librarías de Galicia. Instalada na Alameda de Redondela, estará aberta ata o día 19.

Programa Feira do Libro de Redondela

O pregón inaugural correu a cargo de Manuel Puga Pereira, nunha apertura na que tamén participaron Pedro Taboas, da Federación de Libreiros de Galicia; Anxo Lorenzo, director xeral de Políticas Culturais da Xunta, e Digna Rivas, alcaldesa de Redondela. Tamén estivo representada a Deputación de Pontevedra.

A escritora María Alonso puxo o peche ao programa da primeira xornada coa sinatura da súa obra Red Lion.

O venres e o sábado desenvolveranse actos desde as 13.00 horas. Os protagonistas serán Xavier Castro, Elba Pedrosa, Elisabeth Oliveira e Manuel Esteban, o venres, e Ana Abad de Larriva, Isabel Blanco e Lorena Conde, o sábado.

Por último, o domingo a feira pechará coa presenza de Manuel Pérez Lourido, Esperanza Arrondo e Olga Lalin, ademais do ciclo Soldados de Franco. Reclutamiento forzoso, experiencia de guerra y desmovilización militar, presentado por Francisco J. Leira Castiñeira.

A Feira do Libro enche de cultura Redondela ata o domingo
Comentarios