lunes. 01.03.2021 |
El tiempo
lunes. 01.03.2021
El tiempo

Nueva página oficial de Lois Pereiro, escritor al que se le dedican las Letras Galegas 2011

A rede conta desde este xoves co sitio oficial do poeta e escritor Lois Pereiro, un lugar que pretende servir de medio comunicativo de todo o relacionado co escritor monfortino, ao que se lle dedica o día das Letras Galegas de 2011.

A web serve ao mesmo tempo para dar a coñecer a obra de Lois Pereiro e as influencias que deixa na doutros artistas e para publicitar os distintos actos que se vaian programando con motivo da homenaxe que se lle rende este ano. Así, conta xa con varios eventos axendados para os meses de marzo, abril e maio na sección 'Convocatorias'. Na sección 'Contidos' pódense consultar extractos da obra de Pereiro e outros autores como os deseños Séchu Sende, as fotografías de Xurxo Lobato, etc.

Tamén se pode interactuar no espazo dedicado a comentarios ou enviar calquera traballo ou comunicación cos editores da web para achegar á figura deste autor.

A documentación achegada e o compoñente multimedia atraen ao usuario cara a unha páxina que busca traer á superficie a obra dun literato que, a pesar da súa curta vida, deixou selo propio dentro da literatura galega polo peculiar do seu ciclo vital, amosado na súa obra poética ou nas publicacións que puxo a andar ou nas que escribiu.

Nueva página oficial de Lois Pereiro, escritor al que se le dedican...
Comentarios