Os III Sábados de Teatro do Iescha ofrecen catro obras en Vilalba

A entidade cultural prorroga outros quince días a mostra de fotos antigas Tal como Eramos

Volta Ciclista a España. IESCHAO Instituto de Estudos Chairegos organiza, coa colaboración do Concello de Vilalba, a terceira edición dos Sábados de Teatro, que permitirán gozar ao público coa posta en escena dun total de catro obras nos sábados deste mes de outubro. Todas as funcións están fixadas para as 20.30 horas no auditorio municipal de Vilalba, con entrada libre e gratuíta.

A primeira respresentación correrá a cargo da compañía santiaguesa Tolemia Teatro, que porá en escena a obra A oficina este sábado, día 6.

O día 13 tocaralle o turno ao grupo Hipócrita Teatro coa peza Hotel Desencanto, unha función que se inclúe dentro do programa Buxiganga da área de cultura da Deputación de Lugo.

O ciclo continuará coa representación de Retais, a cargo da Escola municipal de Teatro de Vilalba, o día 20, e pecharse o 27 co grupo Achádego Teatro e a representación do clásico Balas sobre Broadway.

EXPOSICIÓN. O Iescha tamén vén de anunciar a prolongación, durante 15 días máis, da mostra de fotografías antigas Tal como Eramos, que pode verse na sala de exposicións do auditorio municipal de Vilalba.

A novena edición desta mostra bienal, inaugurada polas festas de San Ramón e Santa María, recolle unha escolma de 234 imaxes das máis de 15.000 que conforman o arquivo da entidade, con temáticas diversas como feiras e festas, deporte, nenos, traballos, paisaxes, grupos de xente...

Estas fotos, igual que as da futura mostra de Guitiriz, tamén se recollerán nun novo volume do Caderno de Estudos Chairegos.

Comentarios