jueves. 26.11.2020 |
El tiempo
jueves. 26.11.2020
El tiempo

DESDE A CASA

Javier Varela: "Gústame a idea de perderme con alguén na multitude"

Javier Varela. EP
Javier Varela. EP

→ Unha película
Lost in Translation de Sofia Coppola. Gústame a idea de atopar esa persoa coa que perderme no medio de moita xente. Son romántico.


→ Unha serie
Breaking Bad. Cando o ser humano non ten nada que perder, deixa de ter filtros e é capaz de converterse nunha  bomba de reloxería. A vida pende dun fío moi delgado, cando se enreda, chegas incluso a perder a capacidade de ser racional.


→ Un libro
La conjura de los necios de John Kennedy Toole. Vai ben para estes tempos. Gustánme os antiprotagonistas, un tipo de trinta e moitos anos, que vive coa nai, e que dende a súa habitación quere cambiar o mundo.


→ Un disco
Zooropa, o disco co que U2 reiventou. É unhas das bandas con máis estilo propio que coñecín. Escoiteino tantas veces que me empecei a preocupar.


→ Unha alternativa
Xogar ao Tetris na Game Boy….hai cousas que deberían ser obligatorias de facer na vida.

Javier Varela: "Gústame a idea de perderme con alguén na multitude"
Comentarios