Un dos máximos representantes do cinema de autor en España, José Luis Guerín, dará un taller de verán en Ferreira de Pantón do 27 de agosto ao 1 de setembro.
O obxectivo do obradoiro é pensar no cine dende unha óptica práctica. Cada participante tratará de canalizar, coa axuda de Guerín, unha idea cinematográfica á súa maneira, liberado da obriga de ter que acabar as xornadas cunha gravación e sen que a loxística e a tecnoloxía se convertan nun inconvinte.
O taller inclúe sesións diarias de mañá e tarde, debates e visionados de películas. De maneira complementaria, o que o desexe poderá ver películas despois de cada xornada, xa que a aula permanecerá aberta as 24 horas.
No curso tamén se celebrará un encontro do director con José Manuel Mouriño, investigador, ensaísta e cineasta; unha visita a unha exposición sobre historia do cinema na casa da cultura de Pantón; unha ruta guiada por unha bodega e polo románico do concello.
O venres 30 de agosto haberá unha proxección ao aire libre en Ferreira de Pantón ás 21.30 horas da súa última longametraxe, A academia das musas.
O prezo do taller é de 740 euros con pensión completa e aloxamento e de 640 sen estancia na casa rural. As prazas son limitadas e é necesario inscribirse antes do 27 de este mes.