Gonzalo Hermo, premio Narrativa Breve Repsol por 'Diario dun enterro'

O premio está dotado con 12.000 euros e coa publicación da obra por Galaxia
Gonzalo Hermo. ARQUIVO
photo_camera Gonzalo Hermo. ARQUIVO

Gonzalo Hermo gaña o premio Narrativa Breve Repsol por Diario dun enterro, a súa primeira novela. O xurado destacou a súa sinxeleza estrutural, o equilibrio fondo-forma e a veracidade dos diálogos. 

O fallo foi dado a coñecer por Berta Dávila, portavoz do xurado, nun acto que tivo lugar na Coruña.

O XIII Premio de Narrativa está dotado con 12.000 euros e a publicación da novela por Galaxia. Nado en Taragoña hai 32 anos, Hermo é licenciado en Filoloxía Galega e doutor en Lingüística Galega. Entre outros premios, gañou o Nacional de Poesía Xove Miguel Hernández.

Comentarios