Galicia enteira réndese en Lourenzá á figura de Fernández del Riego

O acto institucional celebrado na vila natal do creador das Letras Galegas levou ata ela ás máis destacadas autoridades da comunidade e a Real Academia Galega fíxolle alí unha homenaxe
Víctor Freixanes, durante o acto JOSE M ÁLVEZ
photo_camera Víctor Freixanes, durante o acto. JOSE Mª ÁLVEZ

Lourenzá rendíulle este mércores unha homenaxe máis que merecida ó que foi inventor do Día das Letras Galegas xustamente na xornada que Francisco Fernández del Riego imaxinou para darlle aínda máis pulo á lingua galega. Facelo no seu pobo natal foi un gran acontecemento e ata Vilanova de Lourenzá se desprazaron os máis destacados cargos institucionais de toda Galicia. Tamén o fixo a Real Academia Galega e tres dos seus compoñentes leron os seus discursos de honra a un home que sempre o deu todo polo ideal de Galicia como eixo fundamental da súa vida.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, encabezou a delegación institucional na que estivo tamén presente o Delegado do Goberno en Galicia, Xosé Ramón Gómez Besteiro

Homenaje a Fernández del Riego JOSE M ÁLVEZ
Homenaxe a Fernández del Riego. JOSE Mª ÁLVEZ

Canda eles, parte importante do protagonismo recaeu na Real Academia Galega (RAG) e o seu presidente, Víctor F. Freixanes lembrou que “as Letras Galegas deste ano recoñecen na persoa de Francisco Fernández del Riego a resistencia non menos heroica dos que aquí quedaron, os heroes calados, en palabras de Seoane. Co seu exemplo e coa seu traballo gañaron un futuro para todos nós”.

Interviron no acto tres membros da RAG e a primeira delas, Margarita Ledo, quixo afondar na presenza de Del Riego na prensa “para facer que as palabras se tornen en acontecemento”. Tamén lembrou que foi quen de “refulxir e fender as tebras” da ditadura.

Xesús Alonso Montero evocou o reencontro semiclandestino de Del Riego con Seoane, exiliado en América, cando este fixo escala no porto de Vigo en outubro de 1949.

Intervíu tamén o ribadense Francisco Díaz-Fierros, quen analizou o devir da paisaxe na mirada do protagonista 17 de maio.

Un instante do acto en homenaxe a Fernández del Riego JOSE M ÁLVEZ
Público asistente ao acto. JOSE Mª ÁLVEZ

O presidente da RAG quixo lembrar que este ano se recoñece na persoa de Del Riego a quenes loitaron desde dentro pola lingua galega na ditadura franquista: "non é certo que perdesen, malia a traxedia que tiveron que padecer. Co seu exemplo e coa seu traballo gañaron un futuro para todos nós. É algo que nunca esqueceremos e que nunca llelo agradeceremos abondo”.

No acto estivo como principal autoridade a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, acompañada polo resto corporación e numerosas alcaldesas e alcaldes de toda a comarca mariñá. Tamén acudiron numerosos representantes de distintos coletivos coma Patrimonio Laurentino, moi implicado na difusión da figura de Del Riego.

Xunto a este acto institucional, Lourenzá acolle durante todo este mércores distintos concertos e mesmo unha comida comunitaria.

Comentarios