Miércoles. 23.05.2018 |
El tiempo
Miércoles. 23.05.2018
El tiempo

Galicia lembra en Pontevedra a María Victoria Moreno

Un instante do pleno especial da RAG co gallo do Día das Letras. RAFA FARIÑA
Un instante do pleno especial da RAG co gallo do Día das Letras. RAFA FARIÑA

"Celebra a palabra con responsabilidade. Non atoparemos posverdades en todo canto escribiu", dixo Fina Caasalderrey no acto central do Día das Letras Galegas en Pontevedra ►Emotivo acto en homenaxe a María Victoria Moreno no IES Torrente Ballester
 

"Deixei de escribir por pasar o ferro". Citando a entrevista que María Varela lle realizou en 2005 no Diario de Pontevedra, a escritora e académica Marilar Aleixandre abriu a sesión extraordinaria da Real Academia Galega (RAG) no Teatro Principal de Pontevedra co gallo do Día das Letras Galegas, adicado este ano á mestra e autora María Victoria Moreno.

XUNTA_RafaFari_i1-49A Academia celebrou a literatura e o compromiso cívico e co idioma da homenaxeada, nun acto ao que asistiu o presidente da Xunta, a familia da autora, outras autoridades, veciños e amigos. Coa Marcha do Antigo Reino de Galicia, interpretada polo grupo Os de Algures, iniciouse un pleno no que interviñeron, ademais de Aeixandre, Fina Casalderrey e Xesús Alonso Montero. «María Victoria celebra a palabra con responsabilidade, a súa escrita está enchoupada de páxinas dunha belezaque recende á verdade do seu ser. Non atoparemos posverdades en todo canto escribiu», dixo Casaderrey no seu discurso. 

O acto de homenaxe pechouse coas palabras do presidente da RAG, Víctor Fernández Freixanes, e co Himno de Galicia, intrepretado (de novo) por Os de Algures.

Emotivo acto en homenaxe a María Victoria Moreno no IES Torrente Ballester

Familiares da homenaxeada este no no Día das Letras Galegas, amigos, compañeiros e autoridades participaron nun emotivo acto de lembranza á escritora e profesora no instituto onde deu clase os doce últimos anos da súa traxectoria académica.

XUNTA2_RafaFari_i1-33Nel interviron o presidente da RAG, Víctor Fernández Freixanes, quen destacou o papel dos docentes e que María Victoria "veu de fóra a darnos exemplo", polo que "merece o noso aplauso". Tamén o fixo a filla da homenaxeada, Begoña Llácer, quen lembrou que "ela amaba o galego, a fala do pobo" e que "quería ser lembrada como mestra, como parte deste ensino público no que os nenos teñen dereito a ser ensinados na súa lingua".

Victoria Feijoo, neta de María Victoria, leu un poema da súa avoa, mentres que Rosa Cedrón e Emilio Rúa interpretaron 'Cantiga'. A parte musical completouse cunha actuación de Adrián Torres, que musicou 'A Sara'.

Ademais do director do IES, David Castro, tamén interviu o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, quen lembrou que "esta historia de amor que protagoniza María Victoria é posible por ser o noso un idioma concluínte no que se pode vivir en liberdade". Así mesmo, lembrou que o Goberno galego está a elaborar un Plan de dinamización da lingua glega na mocidade para "animar aos máis novos a usar libremente e sen complexos unha herdanza recibida dos seus pais e avós e a empregar unha lingua útil, con futuro, que nos conecta coa lusofonía".

O acto incluiu unha visita á exposición 'María Victoria Moreno, paisaxes e personaxes', da man do seu coordinador, David Pintor, e tamén á biblioteca do instituto, que leva o nome da escritora nacida en Estremadura e onde se atopan os preto de 5.000 libros doados por ela ao centro.

O acto pechouse coa interpretación do Himno Galego a cargo de Rúa e Cedrón e con todo o público en pé.

Galicia lembra en Pontevedra a María Victoria Moreno