Leira nace en Lugo como un ámbito para organizar mostras, obradoiros e charla

A galería de arte, que non será comercial, inaugurouse nun baixo da Praza do Campo, un lugar do século XVIII, cunha instalación tratada coma un vídeoxogo
Antonio Giráldez e Laura Tabarés, ante a sala Leira, en Lugo. EP
photo_camera Antonio Giráldez e Laura Tabarés, ante a sala Leira, en Lugo. EP

Laura Tabarés (1991) é de León. "León es un desierto. La gente joven vive en Madrid. No es algo que se plantee: hay que ir a Madrid porque ese el relato". Así que colleu a autovía en dirección contraria. Levaba oito anos vivindo en Madrid. "El discurso es que todo pasa en Madrid. Es mentira. Es muy cansado vivir en Madrid. Al final vives un piso patera con otras ocho personas". Para Antonio Girález (1990) Lugo era a súa cidade natal, un sitio ao que volver tras padecer unha experiencia parecida á de Laura.

A idea de ambos é que tamén empecen a pasar cousas artísticas en Lugo. Veñen de montar Leira, unha galería de arte que non será comercial, nun baixo da Praza do Campo, un lugar do século XVIII. Abrirá os xoves e venres, de 18.30 a 21.00 horas. É a segunda sala que abre na cidade no espazo dun mes, sumándose ás dúas galerías  La Catedral e a Nova Rúa.

Inauguran o venres coa videoinstalación Nature-go da pontevedresa Judith Adataberna. Antonio defínea como "unha mirada ao bosque desde o vídeoxogo". Engade que "é unha película de 30 minutos cun percorrido polo bosque, que se verá en varias pantallas con elementos da natureza",é dicir, adornadas por cousas como pólas. Abrirá ata o 15 de xullo.

Engade que a artista presentará unha visión distinta do tradicional porque "ten unha mirada drag e acelerada do bosque" coa que buscan "outras miradas dixitais da paisaxe" que busquen esquivar "as propostas serias e graves que dominaron na cultura galega". "Hai que saír da bruma".

Antonio Giráldez suma o comentario de que "queremos traballar con xente de Lugo" para que Lugo tamén sexa un centro de produción de arte

Laura e Antonio debatiron moito sobre o novo proxecto. Nótase porque se citan o un ao outro continuamente. A promotora cultural leonesa, que se formou en Belas Artes en Pontevedra, engade que buscan amosar "nuevas miradas al territorio", que buscarán recollendo "tradicións, como a de Antón Reixa ou o Xabarín Club, que teñen humor e son aceleradas".

Esta mostra "intégrase nun ciclo chamado coma un verso de Luz Píchel Preséntase a fighura dunha árbora rara". Cada ciclo, indica Giráldez, está formado "por unha exposición, un obradoiro e unha residencia dun artista. A intención é que todas traten un tema común, como pode ser o bosque".

O primeiro taller será impartido por Lois Búa. Vai dirixido a persoas a todas as idades, "especialmente a la adolescencia y a la infancia", apunta Laura Tabarés, que manifesta a intención "de que no todo en el arte sea para adultos". Antonio Giráldez suma o comentario de que "queremos traballar con xente de Lugo" para que Lugo tamén sexa un centro de produción de arte en proporción ao seu tamaño, nun espazo no que non se venderán obras e no que esperan organizar "clubs de lectura sobre arte y pensamiento crítico, y visionados", remata a súa compañeira no espazo de arte Leira.

A actividade que completa o ciclo, a residencia, será virtual ao primeiro. Dedicarase a "facer unha producción artística sobre un tema".

Giráldez dá clases de Arquitectura na Universidad Andrés Bello de Chile, investiga na Politécnica de Madrid e imparte Deseño Editorial no Círculo de Bellas Artes madrileña. Esta materia coñécea como editor de Bartlebooth, que publica libros de arquitectura. Soamente o traballo en Chile é virtual,así que volve periodicamente a Madrid. O eterno retorno á capital de Laura Tabarés producirase o día 13 como parte do colectivo Ontologías Feministas, que  presenta a mostra ‘Mediar el daño’ no Centro Reina Sofía. 

Comentarios