sábado. 31.07.2021 |
El tiempo
sábado. 31.07.2021
El tiempo

Gaitas en honra a Valdi, novo Chairego de Honra

O canteiro, autor da maioría dos monolitos do Paseo dos Soños de Vilalba, foi recoñecido nun acto no que se conmemoraron os 25 anos da distinción

A clausura do acto de nomeamento de Xosé Val Díaz, 'Valdi', como Chairego de Honra na casa da cultura de Vilalba estivo amenizada pola actuación do gaiteiro Raúl Galego, quen, acompañado por Mini e Mero, tocou Entre rochas e penedo,  chouteira do furacroiosunha peza que compuxo en homenaxe ao canteiro, autor da maioría dos monolitos do Paseo dos Soños de Vilalba e de numerosas obras sobre a memoria histórica.  

A cerimonia serviu para conmemorar os 25 anos desta distinción, que se entregou por primeira vez en 1991 a Fiz Vergara Vilariño. O evento foi organizado por Xermolos e Irmandade Manuel María.

Gaitas en honra a Valdi, novo Chairego de Honra
Comentarios