Fuxan os Ventos presenta unha nova canción en colaboración con Abraham Cupeiro

O tema lanzouse este venres 19 de abril en todas as plataformas dixitais
Ilustración do 'Arrolo' de Fuxan os Ventos. EP
photo_camera Ilustración do 'Arrolo' de Fuxan os Ventos. EP

O grupo lucense Fuxan os Ventos lanzou este venres 19 de abril unha nova canción que xa está dispoñible en todas as plataformas dixitais. Trátase dun arrolo tradicional, recollido e adaptado por Moncho Díaz, con arranxos musicais de Xoán Fuertes.

A banda quixo contar nesta ocasión coa colaboración do músico sarriao Abraham Cupeiro, quen, afirman, "consegue evocar de maneira admirable sons que nos levan ao pasado". Ademais, para ilustrar este Arrolo contaron co traballo da artista e gaiteira Yas de Luaces.


Este tema forma parta dunha serie de temas que Fuxan os Ventos saca á luz en conmemoración do seu 50 aniversario e que acompañán á exposición Fuxan os Ventos. 50 anos de historia, inaugurada na cidade da Coruña o pasado 14 de marzo e que permanecerá ata o 2 de xuño na sala municipal de exposicións Salvador de Madariaga.

O grupo despediu o pasado mes de febreiro ao seu fundador, Xesús Mato, que falecía aos 91 anos.

Comentarios