Martes. 25.09.2018 |
El tiempo
Martes. 25.09.2018
El tiempo

A Fundación Manuel María cita á lectura pública da súa obra o 23 de abril

Manuel María
Manuel María
Ademais, con motivo da homenaxe ao poeta lucense este ano no Día das Letras Galegas, a editorial Galaxia presentará este martes dous textos fundamentais para coñecer a súa vida e obra

A Fundación Manuel María lanza a convocatoria a nivel galego da lectura pública da obra deste autor lucense, natural de Outeiro de Rei, nas cidades e vilas da Comunidade o próximo 23 de abril, con motivo do Día Internacional do Libro.

Ademais e con motivo da homenaxe a Manuel María este ano no Día das Letras Galegas, a editorial Galaxia presentará este martes dous textos fundamentais para coñecer a súa vida e obra da man de Darío Xoán Cabana, Mercedes Queixas e Víctor Freixanes: Manuel María. Antoloxía poética e Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María.

A primeira recolle unha ampla mostra da dimensión da obra poética de Manuel María e da variedade dos seus temas e formas, pensada para todo tipo de lectores que se queiran achegar por primeira vez á súa poesía.

Na segunda, Mercedes Queixas constrúe un testemuño que corrobora as ansias constantes de liberdade do poeta cun relato directo, sintético e rigoroso.

Entre outras obras do poeta lucense destacan Poemas ó outono (1977), A luz resucitada (1984), Oráculos pra cabaliños do demo (1986), As lúcidas lúas do outono (1988), A primavera de Venus (1993) ou Brétemas do muiñeiro (2000).

A Fundación Manuel María cita á lectura pública da súa obra o 23 de...
Comentarios