Flocos.TV exhibe siete nuevas piezas sobre la Guerra Civil

O cineclube do audiovisual galego amosa esta fin de semana sete novas pezas que teñen por temática a Guerra Civil. Entre elas, a máis destacada é 'O monte é noso' de Lorenzo Soler, que encabeza un conxunto de seis filmes realizados por novos directores que nos transmiten a súa persoal mirada sobre o conflicto.

'O monte é noso' é unha produción realizada por Lorenzo Soler e producida pola Coordenadora de Montes Comunais no ano 1978. A cinta plasma a loita dos campesiños por se facer coa propiedade dos montes comunais, que traballan pero que non lles pertencían, xa que que lles foran usurpados coa ditadura.

Por outra banda, as curtametraxes que tamén se poderán visionar a partires desta fin de semana serán 'Soldado sen fortuna' de Roque Cameselle, '1939, un berro de silencio' de Alicia Conchas, 'Minas' de Dani de la Torre, 'Alma esquecida' de Clara Nieto, 'Ribadeo 1936' de Jairo Iglesias e 'A guerra dos avós' de Óscar Galanski.

Todos eles son directores moi novos, entre os vinte e os vintecatro anos de idade, que queren facerlle chegar ao mundo cómo fan as novas xeracións para afrontar o noso pasado recente e a memoria histórica, e como eles o fan dende o ámbito da ficción.

Un catalán en terras galegas
Lorenzo Soler chegou a Galicia no verán de 1976, da man do arquitecto César Portela. Coa súa cámara de 16 mm e con experiencia en múltiples películas de cine alternativo en Cataluña, Lorenzo Soler abordará determinados aspectos da realidade galega, cun punto de vista absolutamente persoal, con técnicas de cine directo, e seguindo as tendencias do documentalismo contemporáneo. Algún dos seus filmes serán sufragados polas propias coordinadoras de afectados, singular e irrepetible sistema de financiamento.

O seu traballo desenvolverase por libre, sen conexión con técnicos ou realizadores, que defendían daquela a existencia do cine galego. Tampouco as súas películas terán difusión polos circuítos tradicionais do denominado cine galego. Paradoxalmente, a pesares do seu pouco contacto cos 'autores' galegos, foi o cineasta mais prolífico daqueles anos. Así, realizou 6 curtametraxes en 16 milímetros ao longo de tres anos

Comentarios