sábado. 31.07.2021 |
El tiempo
sábado. 31.07.2021
El tiempo

Fiz Vergara Vilariño, un dos tres candidatos ás Letras Galegas 2022

Fiz Vergara Vilariño. EP
Fiz Vergara Vilariño. EP
A RAG elixirá este venres o autor homenaxeado entre o poeta de Lóuzara, o editor Florencio Delgado Gurriarán e unha candidatura con Ánxel Casal e Lorca

A Real Academia Galega (RAG) elixirá este venres o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2022, ao que optan tres candidaturas, unha delas conxunta do fundador da Editorial Nós Ánxel Casal co poeta granadino Federico García Lorca por ser o autor dos Seis poemas galegos publicados por este selo. Outro dos candidatos e o poeta de Lóuzara Fiz Vergara Vilariño e o terceiro trátase do editor e activista Florencio Delgado Gurriarán (Vilamartín de Valdeorras, 1903).

A normativa establece que na primeira reunión tras o 17 de maio, cando se celebran as Letras Galegas, o plenario debe elixir á personalidade literaria á que se lle dedicará esta conmemoración o seguinte ano.

Esta, prosegue, debe ser "autora dunha obra relevante en galego, persoa de calidade cultural e humana que mereza propoñerse como exemplo á sociedade galega de hoxe".

É ademais requisito indispensable que pasasen dez anos desde a súa morte e que a candidatura estea avalada por polo menos tres membros de número da Academia.

Fiz Vergara Vilariño, un dos tres candidatos ás Letras Galegas 2022
Comentarios