viernes. 10.04.2020 |
El tiempo
viernes. 10.04.2020
El tiempo

O Festival de Cans outorga ao actor Carlos Blanco o seu Premio Pedigree 2019

O humorista Carlos Blanco. AEP
O humorista Carlos Blanco. AEP

A actriz e presentadora Neves Rodríguez e a xornalista Pilar Comesaña foron recoñecidas co Chimpín de Prata Premio Pepe Puime e o Chimpín de Prata Premio Divina Campos

A asociación Arela, organizadora do Festival de Cans, anunciou este mércores a concesión do seu Premio Pedigree 2019 ao actor Carlos Blanco, así como os recoñecementos á actriz e presentadora Neves Rodríguez (Chimpín de Prata Premio Pepe Puime), e á xornalista Pilar Comesaña (Chimpín de Prata Premio Divina Campos). 

Todos eles recollerán os seus galardóns no Torreiro de Cans, a noite do 24 de maio, durante a celebración do festival, que terá lugar entre o 22 e o 25 de maio en Cans, O Porriño (Pontevedra). 

A organización quixo así premiar a traxectoria de case tres décadas de Carlos Blanco, recoñecer a súa "disposición" a traballar con novos creadores e o seu "labor" como "cidadán crítico e persoa comprometida coa sociedade". 

Este actor compartirá espazo no chamado Torreiro das Estrelas con personalidades como Antón Reixa, Antonio Durán Morris, Mabel Rivera, Javier Gutiérrez, Luis Tosar, María Pujalte ou Chelo Loureiro. 

Por outra banda, ademais dos "chimpíns" de prata, o Festival de Cans renderá homenaxe un ano máis aos veciños desta parroquia, anfitrións do certame. Nesta ocasión, recoñecerase a Paz Acuña e Rafa González, cuxa casa acolle aos invitados no día grande do festival e que é o punto de partida da procesión de "chimpíns" en cada edición. 

O Festival de Cans outorga ao actor Carlos Blanco o seu Premio...
Comentarios