Hierro para la gran pantalla

A terceira entrega da saga do Home de Ferro, o superheroe americano da casa Marvel Iron Man, aterra hoxe nas salas coa intención de reventar as caixas dos cines coa súa dose de acción e efectos especiales, confiados esta vez ao director Shane Black e no que repiten como protagonistas Robert Downey Jr. e Gwyneth Paltrow, parella que estará acompañada por Don Cheadle  e Guy Pearce, entre outros. A historia é case o de menos nunha película para gozar na gran pantalla grazas ao seu despregamento técnico.

E para os amantes do terror, o cineasta galego Rodrigo Cortés  –ao que fixo famoso Buried– deu vida esta vez a un inquedante guión que dirixe Carlos Torrens: Emergo.  Kai Lennox, Mia Mantegna, Michael O’Keefe, Rick González e Fionna Glascot protagonizan unha cinta de terror psicolóxico na que se aposta polos fenómenos paranormais que acontecen nun apartamento para entrelazar unha historia que mantén entretido o espectador do principio ao final. Son 78 minutos de cinta, pero moi intensos.

E tamén con importante presenza galega chega hoxe aos cines Combustión, un thriller de Daniel Calparsoro no que están os actores da terra María Castro e Luis Zahera, acompañados de Álex González, Alberto Ammann e Adriana Ugarte. Conta a historia dunha parella que está a piques de casar, pero el coñece unha camareira do cátering na festa do anuncio da voda e namórase dela perdidamente. E de todo o que ela ten detrás: o alucinante mundo das carreiras ilegais de coches. Ese todo acaba en descontrol.

Outras estreas de hoxe

'Ayer no termina nunca’ A nova cinta de Isabel Coixet, con Javier Cámara e Candela Peña, conta o drama de que as feridas do pasdo non curan

‘El ejercicio del poder’ Este filme do galo Pierre Schoeller conta a historia do ministro de Transporte que se debate entre o Estado e a humanidade

‘La nostra vita’ Película de Italia de Daniele Luchetti que conta o drama actual da crise para un obreiro da construción con fillos nas aforas de Roma

‘Noche de vino y copas’ Ole Christian Madsen asina esta comedia danesa ambientada en Arxentina na que un home trata de recuperar a súa vida

‘Un verano ardiente’ Drama con cadrado amoroso de Philippe Garrel no que destaca a presenza de Monica Bellucci

‘Un gran equipo’ A chamada comedia francesa do ano, de Olivier Dahan, que ten o fútbol como pano de fondo da trama .

Comentarios