Fernando Villapol prepara un libro sobre a historia de Bretoña e as súas xentes

Leva anos recompilando documentación e está a deseñar unha escultura sobre o tema
Fernando Villapol, xunto ao seu novo traballo
photo_camera Fernando Villapol, xunto ao seu novo traballo

O artista Fernando Villapol, asentado en Bretoña dende hai anos, donde ten o seu propio museo, está inmerso na documentación dun libro sobre a parroquia pastoricense. Coa súa obra, coa que defende a importancia das raíces e do rural, pretende poñer en valor a historia de Bretoña, así como recuperar do esquecemento a britonienses relevantes olvidados.

"Publiquei algo de poesía, pero esta será a miña primeira obra histórica, que espero enlazar con outras", di Villapol, un escultor que recoñece que para el é máis fácil crear arte coas súas mans que escribir.

"A escultura está feita, require tempo para pulir a pedra. O libro é un sacrificio", di, mentres relata que na súa investigación inicial sobre os bispos britonienses descubriu que el mesmo está na árbore xenealóxica dun dos persoeiros que destacará na súa obra, Pedro Fernández de Villapol, escribano de Ribadeo e Mondoñedo e pai de Bartolomé de Villapol y Vega, canónigo e mestre de escola da catedral de Mondoñedo no século XVII. "Estou na liña doce pola parte da súa irmá Rosenda", di o escultor ao tempo que sinala o seu nome nunha escultura que prepara de forma paralela ao libro.

O escultor, que xa publicou algo de poesía pero nunca obra histórica, defende a importancia das raíces e de non olvidar o pasado


Entre os nomes que aparecerán na publicación sobre Bretoña, destacan outros como Manuel María Fernández, o construtor do órgano da catedral de Lugo; Alonso de la Peña Montenegro, que naceu en Padrón pero era fillo dun britoniense e foi bispo de Quito, en Perú, ou José María Bouso, un escritor de romances populares de finais de 1.800.

"É máis que teñen que xurdir", apunta rápido Villapol, que asegura que aínda ten que mergullarse entre máis documentación para rematar o libro. "É difícil atopala. Hai que buscar nos arquivos de prensa, en partidas de nacemento... tódolos documentos serven", recoñece o autor da escultura do bispo Mailoc, que ocupa o centro da praza de Bretoña.

"Sempre estou buscando as orixes. Son escultor dende antes da infancia, é algo xenético, por eso me gusta tanto a historia. Son tan importantes as raíces como a flor dunha planta", comenta.

"Bretoña hoxe é unha aldea na liña da despoboación, pero non hai que olvidarse do seu pasado", explica Fernando Villapol, que defende: "Se vimos a este mundo é para deixar algo feito e quero elaborar este libro con todo tipo de detalles e axudar a demostrar que porque nazas nunha aldea podes chegar a ser importante igual. Eu levo moitos anos vivindo aquí e comparto un libro con Picasso e Dalí», di cun sorriso un escultor que invetou o seu propio movemento artístico, o ‘reabsu’, que define como «a suma de coñecementos do pasado, a mezcla entre realismo, abstracción e surrealismo", e cuxa obra chegou dende Bretoña a medio mundo.

Comentarios