Lunes. 22.04.2019 |
El tiempo
Lunes. 22.04.2019
El tiempo

Fariña e apoderamento, entre os termos que optan a palabra do ano

O proxecto está impulsado pola RAG e a Fundación Barrié. EFE
O proxecto está impulsado pola RAG e a Fundación Barrié. EFE

O prazo de votación permanecerá aberto para todo o público ata as 23.59 horas do 25 de decembro

Apoderamento, deseucaliptización, fariña, fascismo, feminismo e sororidade optan a ser Palabra do Ano 2018, no proxecto O Portal das Palabras impulsado pola Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié. 

Segundo informan ambas as institucións, o prazo de votación para elixir á palabra do ano permanecerá aberto para todo o público ata as 23.59 horas do 25 de decembro. 

Antes, tivo lugar a fase de recollida de suxestións que terminou o pasado domingo cunha "notable participación", subliñan os promotores desta iniciativa. Finalmente, foron seis as palabras que pasarán á seguinte fase. 

O Portal das Palabras, a web de divulgación do léxico galego da RAG e a Fundación Barrié e promotora desta iniciativa, anima a toda a cidadanía a participar "na elección colectiva da voz que mellor define, retrata ou resume o ano que está a piques de terminar ou un trazo destacado deste". 

A palabra elixida darase a coñecer o 27 de decembro, despois de que na primeira fase da campaña se recibisen máis de 7.000 achegas "que se traduciron en 962 termos diferentes". Para os organizadores, isto reflicte a "consolidación" dunha iniciativa que se puxo en marcha no ano 2014. 

Fariña e apoderamento, entre os termos que optan a palabra do ano
Comentarios