Familia Caamagno lanzou este mércores Romper Espagna, un sinxelo do seu vindeiro álbum,que leva o mesmo nome.
Romper Espagna será o cuarto disco desta banda de rock nacida en Sigüeiro (Oroso) no ano 2011.O grupo regresa co seu son dos anos 60 e 70 cantado en galego despois de que pasasen tres anos dende a última gravación longa, Había que intentalo. Este ano publicaron os singles Xuntos e Samurai.
Para unha vez que saímos saíra en 2016. Ese traballo acollía ritmos que ían do rock’n’roll para bailar de Monstro subnormal ou Eu Moto run run, pasando polo garaxe de O tempo do lobo; os clásicos anos 60 en Lausanne, e acabando pola ácidez de Fuga de cerebros ou o power pop de Non saio máis.
No ano 2012 editaran o seu primeiro traballo, Familia Caamagno. Dous anos máis tarde publicaron o disco Hai que andar cos tempos!. Remataron este ano levando o primeiro premio no Concurso de bandas da Deputación da Coruña.