Falece Manuel Lago, un dos referentes do clown galego

Foi un dos fundadores da compañía Pista Catro e un pioneiro na escena circense galega

Manuel Lago. PISTA CATRO
photo_camera Manuel Lago. PISTA CATRO

Manuel Lago García, un dos referentes da escena de clown galega, faleceu este domingo logo de loitar contra unha longa enfermidade.

Lago foi un dos fundadores da compañía Pista Catro, establecida en 2006 coma empresa, e pioneira en Galicia en distribuir, crear e producir espectáculos de Novo Circo e Cabaré.

O clown galego perde a un dos seus referentes. Fundador tamén da compañía Malabaranda, Lago contaba cunha gran formación en teatro, malabares e circo.

Dende o Facebook de Pista Catro despedíronse do artista cunhas agarimosas verbas. 

Comentarios