Xan López Domínguez

"Faime rir algo tan 'mortadeloefilemoniano' como 'La que se avecina'"

Xan López Domínguez
photo_camera Xan López Domínguez

→ Unha película
A muller do aviador de Eric Rhomer. A partir dunha sinxeleza narrativa, argumental e visual consegue escarbar no absoluto. Véxoa dúas veces ao ano.

→ Unha serie
As series tenden a aburrirme, por eso considero un milagre The office e Big Bang Theory. Ás veces entretenme e faime rir algo tan mortadeloefilemoniano como La que se avecina.

→ Un libro
El buscón. Ten todo e de todo. De Robert Graves, O vellocino de ouro.

→ Un disco
Música brasileira, ten un mundo en si mesma; absorbe e reabsorbe, pero ela vai pola súa conta. Cando estou de baixón poño Aguas de março de Antonio Carlos Jobim, e séntame ben.

→ Unha alternativa
En cómic Ralf Konig e Gerard Lauzier. É incríbel o visionario que foi Lauzier xa hai cincuenta anos: conta o confinamento dunha parella nunha minúscula nave perdida no espazo. En pintura e ilustración, sen dúbida, Goya.

Comentarios