"Exhibimos a obra máis antiga de Galicia tras 22 anos na cámara acorazada"

'O Libro de horas de Fernando I' abandona por primeira vez dende 1993 a súa sede de Santiago ►A obra amosarase nunha exposición que incluirá Lugo
Román Rodríguez observa a obra en presenza de Manuel Gago, con chaqueta azul, e outras autoridades. EUROPA PRESS
photo_camera Román Rodríguez observa a obra en presenza de Manuel Gago, con chaqueta azul, e outras autoridades. EUROPA PRESS

O Libro de horas de Fernando I, de 1055, abandona por primeira vez dende 1993 a sede de Santiago no que se custodia. O volume amósase na exposición Santiago de Compostela no tempo, que se abre este venres e forma parte dun proxecto que inclúe Lugo.

O comisario da mostra Santiago de Compostela no tempo, Manuel Gago, explicou que a exposición contará coa obra Libro de Horas de Fernando I, que saiu onte do Colexio Fonseca e foi levado á sede de Afundación, na rúa do Vilar da capital galega. O acto, que presidiu o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, representaba "un cento de metros", que son os que separan ambos os edificios, pero de un gran valor simbólico. O volume levaba 22 anos sen ser quitado da cámara acorazada na que se custodia. No 2000 puido verse no propio Fonseca; antes, en 1993, fora levado fóra para outra mostra.

O espazo blindado no que se atopa soamente se abre de xeito excepcional para comprobar que manteña as súas características ou en ocacións especiais, como foi a visita do Rei Felipe o ano pasado. O motivo de tanta precaución é que este libro de horas data de 1050. "Moita xente pensa que o libro máis antigo de Galicia é o Códice calixtino, pero este é un século anterior", apunta Manuel Gago, también colaborador de El Progreso. A obra pertence á Biblioteca Américaa da Universidade de Santiago, que "non quere que saia de Fonseca" porque é delicado. "Foi pedido de moitas partes", pero non houbo permiso.

Posuír un libro de horas era o aval de pertencer a unha elite


"Vai estar exposto un mes",  para que non sufra danos, nunha mostra que se inaugura hoxe. A primeiros de xullo o orixinal será substituído por un facsímil elaborado con tanto detalle "que se ven os buratos da couza". O comisario subliña o estado excelente de conservación –"parece que ten vinte ou trinta anos"–, algo que atribú en parte a que os editores "eran profesionais que sabían facer libros", a pesar que era unha época na que a publicación era contada.

Gago engade que non se sabe por quen foi elaborado. Ignórase cómo chegou a Galicia. Especúlase con que nun principio estivese no mosteiro de San Martín Pinario, da propia Compostela. A chegada podería estar relacionada co rei Don García, que, como lembra Manuel Gago, "era fillo dos dous monarcas que aparecen no libro, Sancha e Fernando".

Comenta que "Sancha fóra criada nun mosteiro cerca do que despois sería Betanzos, pero Fernando era de orixe navarra e castelá". Fernando era rexeitado pola nobreza local porque chega a terras galegas nun tempo de conflitos entre reinos.

Os libros de horas son publicacións iluminadas de carácter relixioso que pertencen a unha persoa. Posuír un era o aval de pertencer a unha elite. Sancha encarga un libro de horas para o seu home para "darlle lexitimidade" e alivialo das críticas da aristocracia galega.

En canto ás figuras de Sancha e Fernando que aparecen nunha páxina do libro, hai unha teoría que argumenta que ela fai un xesto de que se entregue a obra ao seu marido. "Sancha non soamente pide que se faga o libro, senón que tamén o concibe", comenta o comisario. Outra visión relaciona a  imaxe coa Anunciación no sentido de que "o rei e unha figura máis pequena miran a Sancha porque é ela quen vai dar a lexitimación a Fernando".

Santiago de Compostela no tempo é a primeira das sete mostras do proxecto expositivo Cidades no tempo, que afondará na cultura e identidade de cada unha das sete principais urbes galegas.

Comentarios