Domingo. 19.05.2019 |
El tiempo
Domingo. 19.05.2019
El tiempo

Se estrena 'Frantasmas', ''una nueva forma de entender la comedia''

O próximo mércores día 3 de novembro, a cidade de Vigo é a elixida para a estrea do espectáculo Frantasmas. Será no marco da programación de outono da Universidade, ás 18:30 no auditorio Vidal Bolaño e con entrada de balde, cando Fran, Fran e Fran poñan a funcionar a maquinaria do humor que é Frantasmas.

Co-dirixido polo mestre de humor David Ottone (Yllana) Frantasmas ''é algo máis que un espectáculo''. Segundo o autor e director da obra, Xosé Lueiro, ''é un novo xeito de entender a comedia en Galicia'' seguindo o ronsel que compañías como Sexpea­re, Capa i Espasa, Pez en Raya ou a mesma Yllana marcan a nivel estatal.  O gag, o absurdo, os efectos sonoros, as influencias cinematográficas e media ducia de irreverentes personaxes ''farán as delicias do público máis esixente'', amplía Lueiro.

Un antigo caserón de estilo victoriano reproducido a gran formato é a ''cámara dos horrores particular'' desta comedia. Na escenografía as cadeiras móvense soas, as chimeneas ocultan escuros pasadizos e os cadros observan os inquilinos da casa prognosticando terribles asasinatos, segundo describen os responsables da representación nun comunicado.

A historia narra as peripecias dun matrimonio composto por un antropólogo inglés (Otis) e unha soprano americana (Lady Margarett) que viaxan a Inglaterra para tomar posesión dun vello caserón familiar. Trala súa chegada, na casa son recibidos por un sinistro mordomo (Aristóbulo) e unha explosiva ama de chaves (Cástula) que lles informan dunha estraña maldición familiar.

Desde a oficina de venda e distribución teatral de Culturactiva SCG, entidade que actúa como distribuidora de Frantasmas, informan asimesmo que este espectáculo estará dispoñible para a súa contratación en 2011 a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios.  Ademais de Vigo, o venres día 5 haberá unha representación de Frantasmas no auditorio Noela de Noia ás 21 horas.

Se estrena 'Frantasmas', ''una nueva forma de entender la comedia''
Comentarios