martes. 15.06.2021 |
El tiempo
martes. 15.06.2021
El tiempo

Un escultor de Lugo foi seleccionado para unha bienal de arte en Londres

undefined
Manuel Broz traballa nunha peza no seu estudo de Begonte. EP
O artista Manuel Broz participa na London Art Biennale coa peza 'Largo viaje', unha obra na que reflexiona sobre a morte. A peza foi elaborada no seu obradoiro situado en Begonte

Manuel Broz está intrigado coa procedencia do seu apelido. "Uns din que vén da Bretaña, outros de Iugoslavia,... gustaríame sabelo". Manuel non dubida do seu talento para a arte. Fíxose funcionario pola estabilidade. "Quedoume cravada a espiña de facer Belas Artes, pero déronme unha boa formación na escola Ramón Falcón de Lugo e no Centrad; o profesorado é moi profesional". Está a tres asignaturas de rematar Cerámica Artística, que combina con estudos de escultura, delinenación industrial e ebanistería.

Esa preparación, unha certa tensión laboral e un caderno Moleskine foron a base sobre a que comezou a facer escultura hai dous anos. "Debuxo dende que era pequeño. Antes de deitarme fago bosquexos na Moleskine para relaxarme. Cando podo vou ao obradroiro que teño en Valdemar, en Begonte, e paso a escultura os bosquexos que me gustan".

Unha desas obras, Largo viaje vén de ser seleccionada para o certame London Art Biennale, que comeza o día 1 de xullo en Londres. A peza trata sobre "a morte, é unha figura que abre unha porta a outra dimensión para volver nunha nova pel, que é a reencarnación".

Detalla que "o brazo erguido ten unha lonxitude desproporcionada que lle achega movemento e forza ao xesto en transición, en contraposición a unha posición estática e de xeonllos, atada a un plano ou existencia cumprida e a que xa non pertence". Resume a súa expresión como unha "transición".

A Manuel Broz gustaríalle levar a figura a Gran Bretaña, pero o Brexit e a pandemia van complicarlle a viaxe. O artista confía en que cambie a cualificación de España que fai a sanidade británica para poder viaxar. De non variar, tería que remitir esta peza de bronce con patina verde que mide 60 centímetros de alto e pesa uns oito quilogramos.

Un escultor de Lugo foi seleccionado para unha bienal de arte en...
Comentarios