viernes. 17.01.2020 |
El tiempo
viernes. 17.01.2020
El tiempo

O escritor Paco Martín e o historiador Ramón Villares comparten o Premio Otero Pedrayo 2019

Ramón Villares e Paco Martín. AEP
Ramón Villares e Paco Martín. AEP
O fallo deuse a coñecer tras a reunión mantida esta tarde polo xurado na Deputación de Lugo, encargada de organizar esta edición do galardón

O xurado acordou por unanimidade outorgar o Premio Otero Pedrayo 2019 ao historiador Ramón Villares e ao escritor Paco Martín ex aequeo. O fallo coñeceuse tras a reunión mantida esta tarde na Sala de Xuntas da Deputación de Lugo, que se encargou de organizar o galardón nesta edición.

A área de Cultura da Deputación de Lugo presentou a candidatura do escritor lucense  mentras que a Deputación de Ourense e a Fundación Otero Pedrayo presentaron a do historiador chairego.  A Asociación Oral de Galicia, de Vigo, presentou a candidatura do filólogo e estudoso da literatura de tradición oral Domingo Blanco.

Os galardoados repartirán os 16.000 euros cos que está dotado o premio que ten por obxecto recoñecer e homenaxear “persoas ou entidades egrexias no campo das letras e do coñecemento” e promocionar “os valores propios de Galicia e as obras que leven ao esclarecemento e a mellora da súa cidadanía e institucións”.

O Premio Otero Pedrayo recae en dúas persoas por segundo ano consecutivo. En 2018, compartírono a pedagoga Antía Cal e a escritora María Xosé Queizán.

O escritor Paco Martín e o historiador Ramón Villares comparten o...
Comentarios