Antón Lopo gaña a XII edición do Premio Narrativa Breve Repsol en Lingua Galega

O premio está dotado con 12.000 euros e coa publicación do libro pola editorial Galaxia

Antón Lopo. EP
photo_camera Antón Lopo. EP

A obra Extraordinario do escritor Antón Lopo (Monforte, 1961) gañou a XII edición do Premio Narrativa Breve Repsol en Lingua Galega, segundo informou o portavoz do xurado, Xoan Babarro, escritor e académico correspondente da Real Academia Galega (RAG). 

O acto do fallo do premio tivo lugar na refinería de Repsol na Coruña e estivo presidido polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o director da área institucional da Fundación Repsol, Gonzalo Vázquez, xunto ao director da refinería, Javier Sancho. 

O premio está dotado con 12.000 euros e coa publicación do libro pola editorial Galaxia. Da obra gañadora, o xurado destacou "a particular riqueza léxica, así como os valores estilísticos relacionados coa sintaxe, que se visualiza a través dunha puntuación orixinal". 
 

Comentarios