martes. 31.03.2020 |
El tiempo
martes. 31.03.2020
El tiempo

El segundo 'PortAmérica' reúne en Nigrán bandas de los dos lados del Atlántico

O festival PortAmérica vai camiño de converterse nunha das citas musicais máis destacadas non só do verán galego, senón de toda España, tanto polo nivel do seu cartel como pola súa combinación con outras actividades de lecer, o que permite deseñar un programa do máis completo con pop, rock, dance, música electrónica e ritmos latinos.

Onte xa empezou a soar a música no polígono de Porto do Molle de Nigrán con importantes bandas como Los Coronas ou Niño y Pistola, pero será hoxe cando comecen os platos fortes con Fon Román, Sala&The Strange Sounds, La Habitación Roja, Standstill, Él mató a un Policía Motorizado, Delafé y las Flores Azules, Lori Meyers e Bomba Estéreo.

Mañá é a quenda de Banda de Turistas, Francisca Valenzuela, Arizona Baby, Gin Ga, Café Tacvba, Supersubmarina, Dolorean e, como actuación estrela e único concerto da xira en España, Vetusta Morla.

Pero PortAmérica é algo máis que música: é gastronomía –cos chefs do Grupo Nove–, identidade do territorio e lecer, unha fusión de conceptos que busca estreitar os lazos con Iberoamérica, obxectivo principal desta celebración. As entradas custan 25 euros por día e a acampada ata o luns, outros 20 euros. Toda a información do festival atópase en: http://festival.portamerica.es/

E tamén nas Rías Baixas, aínda que nesta ocasión na ría de Arousa, en Vilaxoán, celébrase outro festival de sona: o Revenidas 2013, que incluirá máis de 20 actuacións de homes como Fermín Muguruza, Os Diplomáticos, Zuloak, A Compañía do Ruído, O Caimán do Río Tea, Martelo, Obrint Pas, Banda Fura Fura, Ulträqäns, Zënzar, Ruxe Ruxe, The Lákazans, Arrhythmia, Borderline 79 e O Leo e Arremecaghona. Comezou onte e rematará mañá.

E máis festivais, neste caso o Summer White Festival de Poio, mañá a partir das 21.00 na bahía da Illa de Tambo, con Kurd Marveric, Zombie Kids, Rebeka Brown, Juanjo Martín, Dj Shanti, Groove Amigos, Playdrum Brothers, Joao Riveiro e José de Ananda.

Xa no norte, a praia de Miño acolle hoxe o Porkosrock, cos concertos de Bastards on Parade, Chris Masuak&Los Eternos, Agoraphobia e Sandford Music Factory.

E máis rock haberá esta noite en Teixeiro (Curtis), cos emblemáticos Barón Rojo de cabeza de cartel, acompañados por Carta de Ajuste, Boikot, Dr. Garimba, Trastorna2 y Four Strikes.

Por último, para non saír do xénero, os veciños de Redondela teñen mañá o VI Arrastro Rock Festival, con Tálesien, Dandalion, Mutant Squad, Nocheni, The Ransack, Dredd, Dream Circus, etc.

El segundo 'PortAmérica' reúne en Nigrán bandas de los dos lados...
Comentarios