sábado. 29.01.2022 |
El tiempo
sábado. 29.01.2022
El tiempo

Dous relatos de "ambición literaria" destacan no certame Contos de Verán

Entrega da última edición de Contos de Verán, que gañaron Pilar Dopico e Euloxio Fernández. XESÚS PONTE
Entrega da última edición de Contos de Verán, que gañaron Pilar Dopico e Euloxio Fernández. XESÚS PONTE
Sara Méndez gañou o concurso de El Progreso con 'Lara' e 'Aventura musical das emocións' converte a Alberte Momán en finalista

Sara Méndez Seijo gañou co relato Lara a novena edición do certame de narración curta Contos de Verán, organizado polo diario El Progreso en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta.

O finalista foi Alberte Momán Noval coa súa obra Aventura musical das emocións. Momán fora xa finalista na edición de 2019 co relato O regreso de Lauraine Maccow.

Un xurado encabezado polo presidente do PEN Galicia, Luís González Tosar, e integrado polo subdirector de El Progreso, Tito Diéguez, e o redactor Santiago Jaureguizar acordou concederlle o primeiro galardón, dotado con 1.000 euros, a Sara Méndez polo conto titulado Lara. Do mesmo xeito, o relato Aventura musical das emocións, asinado por Alberte Momán, foi escollido para o segundo premio, que consiste nunha gratificación de 500 euros para o seu autor.

González Tosar argumentou en nome do xurado que o conto Sara está "ben construído e desenvolvido cunha linguaxe moi literaria e evocadora". O presidente do xurado engadiu que ten "ritmo e emoción".

Sobre o texto finalista, apuntou que ten "unha ambición de modernidade moi interesante, cun toque de experimentalismo sendo ao tempo literario e cun bo manexo do diálogo". Destacou tamén que "está guiado todo cara a un final que mantén ao lector en suspenso".

SUPLEMENTO. Contos de Verán de El Progreso recibiu na súa novena edición decenas de escritos, que foron publicados en papel no suplemento De Verano de El Progreso durante xullo e agosto.

Durante os nove últimos veráns, o certame Contos de Verán alentou e confirmou as vocacións literarias entre os lectores de El Progreso. A maiores deste labor, un ano máis converteron as páxinas do diario nunha plataforma para as narracións de ficción. Así, os contos enviados fóronse publicando durante os meses de xullo e agosto no xornal.

Cada autor ou autora presentou cantos relatos quixo, aínda que, soamente se publicou nas páxinas de El Progreso un por cada concursante que remitiron pezas, segundo a decisión que adoptou o xurado entre os enviados por cada quen; salvo excepcións nas que primou a calidade literaria.

En 2020 os relatos Vidente sen querer, remitido por Pilar Dopico, e A casa dos ardentes, de Euloxio Fernández, fixéronse co primeiro e o segundo premio.

Dous relatos de "ambición literaria" destacan no certame Contos de...
Comentarios