Recitais de homenaxe a Curros e Ferrín en Celanova

No recital farase unha lectura dramatizada da obra de Méndez Ferrín
photo_camera No recital farase unha lectura dramatizada da obra de Méndez Ferrín

A Fundación Curros Enríquez celebra hoxe ás 20.30 horas o aniversario do escritor Xosé Luís Méndez Ferrín coa lectura dramatizada de Percival e outras historias. Asemade, a Fundación celebrará o vindeiro xoves, 13 de setembro, á mesma hora, un recital centrado nos temas principais de Curros Enríquez, como a emigración, co gallo do seu aniversario.

Ademais dos textos de Curros, leranse composicións de Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro e Antón Avilés de Taramancos, intercalados por relatos de emigrados que a actriz María Inés Cuadrado coñeceu a través do programa de radio que dirixía en Bos Aires.

Estes dous recitais encádranse baixo o título A palabra que trae o vento, e estarán interpretados pola actriz María Inés Cuadrado, acompañada por un guitarrista.

Estas actividades, así como os concertos celebrados no mes de xullo, forman parte do programa Anoiteceres na Horta da Palabra, que se celebran na casa natal do poeta de Celanova.

Comentarios