→ Unha película
Ver Doce hombres sin piedad de cando en vez resulta bo para medir o valor das nosas palabras e transixir cos nosos prexuízos. Das novidades destes últimos meses hai varios filmes que me gustaron. ‘O que arde’ é un deles.
→ Unha serie
Monthy Python’s Flying Circus é unha das máis divertidas que atopei. Xenial para explorar os límites do humor.
→ Un libro
Dos que estou lendo estes días paréceme especialmente acaído Breviario de podredumbre de Cioran.
→ Un disco
As sucesivas execucións de Glenn Gould das Variacións Goldberg desde mediados da década dos 50 até 1981 son unha aproximación sensorial á beleza.
→ Unha alternativa
El Incal de Jodorowsky e Moebius, ou From Hell de Alan Moore e Eddie Campbell son dúas boas opción de lecer. En todo caso, o meu consello é estar aberto a desfrutar. Iso lévanos a valorar a cultura.