Docampo glosa na nova novela a historia dunha rapaza que se defende do mal co cine

O autor presentou A nena do abrigo de astracán en Lugo ►Está ambientada nunha vila galega durante o franquismo

photo_camera Xabier P. Docampo, entre Pepe Coira e o editor Manuel Bragado. J.VÁZQUEZ

LUGO. Xabier P. Docampo falou onte en Lugo sobre A nena do abrigo de astracán (Xerais), unha historia protagonizada por Susana, unha rapaza de 12 anos dunha vila galega dos anos 40 que "se defende do mal indo ao cinema", porque as películas lle fan percibir que "hai un mundo enorme" ao outro lado da pantalla, aínda que ela non poida velo.

O escritor, nacido en Rábade en 1946, explicou que a obra transcorre dacabalo entre 1947 e 1948, en pleno franquismo, nunha vila cercana a unha capital na que se estrean as sete películas que artellan a trama.

A propia vila da ficción, Ribadaínsua, conta o xeito no que o mal vai penetrándoa a través das figuras que lexitiman a ditadura, como son o cura ou o alcalde, e os que executan a súa crueldade, como a Garda Civil ou os falanxistas. Nun ambiente de «silencio, delacións e axustes de contas», Docampo contou «como o mal nos atinxe a todos» e acaba por converter en "vítimas" os bos.

Entre eses "beatíficos" que acaban sometidos polo mal figura Susana, a quen contar cunha vía de escape como son as películas que ve para contarllas despois á madriña non lle serve para non ser afectada pola perversión que "penetra" en Ribadínsua despois de acabarse a Guerra Civil. Tampouco quen fai o mal se libra porque «te acompaña sempre"

Comentarios