sábado. 21.05.2022 |
El tiempo
sábado. 21.05.2022
El tiempo

"Díaz Baliño era coñecido como O Catalán porque alí estudaban escenografía"

Iria Friné Rivera e Aurelia Balseiro, no acto. XESÚS PONTE
Iria Friné Rivera e Aurelia Balseiro, no acto. XESÚS PONTE
Iria Friné Rivera dedicou un ensaio ao artista e deseñador ►A autora reivindica en Lugo o "pioneiro" nas artes en Galicia

A Camilo Díaz Baliño cortáronlle as mans intres antes de axusticialo. El xa ía ser asasinado polos franquistas naquel ano 36. Foi simbólico.

Recreáronse antes ao cercenarlle as extremidades que tanta emoción espertaran no pobo galego a través da súa obra pictórica. Logo un dos gardas disparoulle incesantes veces no estómago, hipnotizado pola facilidade coa que entraban as balas nel. Estes datos e outros recuperounos Iria Friné Rivera Vázquez no seu libro O legado pioneiro de Camilo Díaz Baliño. Unha biografía artística (Dr. Alveiros), presentado no Museo Provincial de Lugo.

"Díaz Baliño foi unha figura grande en vida, recoñecida. Un creador único, pioneiro en Galicia. Foi o primeiro escenógrafo galego. Cando estudou en Madrid chamábanlle "catalán" porque só en Cataluña se estudaba escenografía", comentou a autora.

Baliño sementou a imaxe céltiga que despois Castelao recuperou e así sucesivos artistas ata a actualidade. Tras 40 anos de dictadura, unha obra expoliada e á que se lle borrou a súa sinatura, converteuse nunha figura incomprendida. Del quedou a estética e tamén a ética que legou a seu fillo, Isaac Díaz Pardo. "Ambos eran distintos, independientes, pero ao mesmo tempo Díaz Pardo continuou o legado de seu pai", afirmou Rivera.

"Díaz Baliño era coñecido como O Catalán porque alí estudaban...
Comentarios