'Dhogs' gaña o premio da crítica no Festival de Cine Fantástico de Bruxelas

O filme chegará esta semana a Ámsterdam e Estambul

Morris, nunha escena de 'Dhogs'. AEP
photo_camera Morris, nunha escena de 'Dhogs'. AEP

A película Dhogs, dirixida polo meirego Andrés Goteira, recibiu este domingo o premio da crítica no Festival Internacional de Cine Fantástico de Bruxelas (BIFFF).

Dhogs suma un novo galardón despois de ser o filme máis laureado da historia dos Mestre Mateo, con 13 premios, gañar nos festivais Split de Croacia, Nocturna de Madrid e en Alxeciras Fantástica.

ESTAMBUL E ÁMSTERDAM. A cinta proxectarase esta semana a Estambul e Ámsterdam. O propio Goteira está desde esta fin de semana na capital de Turquía, onde da man do Intituto Cervantes a película se proxectou o sábado e volverá verse este luns, nun pase no Zorlu Center, dentro da programación do Ist Film Fest. 

Asemade, o filme poderá verse este luns e o vindeiro venres día 20 de abril no Imagine Film Festival de Ámsterdam, nos Países Baixos, onde viaxou Suso López, un dos responsables da produtora meirega Gaitafilms.

Comentarios