Lunes. 22.04.2019 |
El tiempo
Lunes. 22.04.2019
El tiempo

'Deseucaliptización', elixida como a palabra galega do ano 2018

Participantes nunha deseucaliptización en Ponte Caldelas. RAFA FARIÑA
Participantes nunha deseucaliptización en Ponte Caldelas. RAFA FARIÑA

A segunda palabra máis votada foi 'feminismo'

'Deseucaliptización' foi elixida palabra do ano 2018 con máis da metade dos 5.724 votos emitidos no Portal das Palabras, unha iniciativa web da Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié. 

O vocábulo gañador, que sumou un total de 3.114 apoios, impúxose a outro cinco termos finalistas. De feito, a segunda palabra máis popular foi 'feminismo', con 1.032 votos, mentres que pechan a lista 'sororidade', 'fariña', 'apoderamento' e 'fascismo'. 

Segundo subliña a RAG, a vitoria de 'deseucaliptización' reflicte "un aspecto destacado na crecente preocupación social pola xestión do monte galego". De feito, non é a primeira vez que esta cuestión marca a elección da palabra do ano, posto que, aínda que en 2017 a vencedora foi 'afouteza', entre as finalistas estiveron 'vaga de lumes' e tamén a gañadora deste 2018. 

'Eucaliptización' e 'deseucaliptización', aínda que non figuran no dicionario da RAG, axústase ás regras de formación de palabras propias do galego, segundo confirma esta institución. Así, a partir do substantivo 'eucalipto' e mediante sufixación xorde 'eucaliptizar', de modo que se podese formar 'deseucaliptizar' e de aí 'deseucaliptización'. 

O eucalipto correspóndese a un xénero de árbores orixinais maioritariamente de Australia que inclúe diversas especies. A súa incorporación á flora europea é relativamente recente, tal e como informa a RAG. En Galicia, foi introducido da man do pai Rosendo Salvado, que se instalou en Nova Norcia (Australia). 

O nome da especie débese ao botánico francés Charles-Louis L'Hériter, quen bautizou como 'Eucalyptus obliqua' no século XVIII a unha árbore que chegou ao British Museum de Londres a través da expedición do capitán James Cook. 

O termo está formado pola unión de dous elementos de orixe grega: 'eu' significa 'ben', mentres que 'kaliptós' é 'cuberto'. Por outra banda, 'obliqua' fai referencia á forma da base das súas follas cando son adultas. 

'Deseucaliptización', elixida como a palabra galega do ano 2018
Comentarios