La Diputación de Lugo costea servicios de normalización lingüística en hasta 10 municipios

O ente provincial habilita unha liña de axudas, cun orzamento total de cen mil euros, para "encher o baleiro" deixado pola Xunta
Mario Outeiro
photo_camera Mario Outeiro

A área de cultura da Deputación de Lugo acaba de impulsar unha liña de axudas, cun orzamento total de 100.000 euros, para apoiar o funcionamento de servizos de normalización linguística nos concellos. Con estas subvencións sufragará os gastos de persoal especializado (filólogos) tanto nos departamentos municipais de nova creación como nos que xa estean operativos.

Así o anunciou este martes o responsable da área provincial de cultura, o nacionalista Mario Outeiro, quen destacou que con esta liña de axudas, que a institución convoca por primeira vez, perséguese "encher o baleiro" que existe neste eido despois de que a Xunta de Galicia deixase no 2012 de apoiar estes servizos.

Tras avanzar que as bases da convocatoria publicaránse este mesmo mércores no Boletín Oficial da Provincia, Outeiro resaltou que se fomenta a agrupación de municipios, xa que cada solicitud deberá estar promovida por polo menos dous concellos e deberá chegar a un mínimo de 7.000 veciños.

Tamén aclarou que con estas axudas non se pagarán os gastos de persoal xa contratado polos concellos, senón de novos técnicos. Polo que atinxe á duración dos contratos, será de un mínimo de nove meses se os contratos son de media xornada e de cinco se son de xornada completa.

Ademais, o importe da subvención oscilará entre os 10.000 e os 20.000 euros, polo que se atenderán un máximo de 10 solicitudes destas agrupacións de concellos.

Comentarios