Dani de la Torre impón a súa lei nos Mestre Mateo ao levar dez galardóns

O realizador monfortino levou o recoñecemento á mellor dirección por 'La sombra de la ley' ▶O filme 'Trote' foi galardonada con cinco premios, entre eles o de guión para Xacio Baño

Jorge Coira y Xacio Baño. CABALAR (EFE)
photo_camera Jorge Coira y Xacio Baño. CABALAR (EFE)

La sombra de la ley, do monfortino Dani de la Torre, acaparou 10 premios Mestre Mateo na gala celebrada na noite deste sábado na Coruña converténdose así na triunfadora desta edición dos premios da Academia Galega do Audiovisual.

O filme de Dani de la Torre conquistou os galardóns á mellor longametraxe e á mellor dirección do propio realizador. Os académicos tamén recoñeceron desta cinta a dirección de arte de Juan Pedro de Gaspar, a dirección de produción de María Liaño, a interpretación protagonista do lucense Luis Tosar, a maquillaxe e perruquería de Raquel Fidalgo e Noé Montes, a montaxe do lucense Jorge Coira, a música orixinal de Manu Riveiro e Xavi Font, o son de David Machado, James Muñoz e José Antonio Manovel e máis o vestiario de Clara Bilbao.

Trote, o debut na longametraxe do xovense Xacio Baño, fíxose con 5 dos galardóns da noite: mellor dirección de fotografía para Lucía C. Pan –que acada o galardón por segundo ano consecutivo–, mellor guión para Baño e Diego Ameixeiras, e case pleno nas categorías interpretativas coa lucense Melania Cruz como mellor actriz de reparto, Federico Pérez como mellor interpretación masculina de reparto e María Vázquez como mellor interpretación feminina protagonista.

Melania Cruz agradece o seu premio. CABALAR (EFE)
Melania Cruz agradece o seu premio. CABALAR (EFE)
 

Idénticas, dirixido por Luis Avilés, gañou o premio ao mellor documental mentres que Dinosaurio, de Carballo Interplay Producións, se fixo co premio á mellor serie web.

A nena azul, de Sandra Sánchez, conquistou o de mellor curtametraxe de imaxe real e Soy una tumba, o de mellor curtametraxe de animación. Ti fixo o propio co de mellor anuncio e Ahora o nunca (Pegatina feat. Macaco) de Manu Viqueira, co premio ao mellor videoclip.

O sabor das margaridas venceu en mellor serie de televisión, mentres que Buscadores de naufraxios gañou o de mellor programa de televisión e Rodrigo Vázquez, o de mellor comunicador polo seu traballo no Ti verás!.

Completan os recoñecementos televisivos o dos lucenses Sito Torres e Miguel Granero pola realización de Álbum de viaxe.

Ademais de premiar a excelencia nas producións do ano, a Academia aproveita os Mestre Mateo para recoñecer a traxectoria de entidades e profesionais relevantes do audiovisual en Galicia co Premio de Honra Fernando Rey e co Premio Especial José Sellier. Este ano, as homenaxes foron para a Federación de Cineclubes de Galicia e para a actriz Mela Casal, que o recolleu durante a cerimonia.

A gala, cunha estética futurista, guiou ao público a través dunha viaxe polo audiovisual galego. Ambientado na ciencia ficción, o espectáculo contou cun vestiario creado por David Méndez Alonso.

NOMINACIÓNS
Mellor longametraxe
La sombra da ley (Dani de la Torre)
Contou Rosalía (Zaza Ceballos)
Memorias dun home en pixama (Carlos FerFer)
Trote (Xacio Baño)

Mellor dirección
Dani de la Torre (La sombra de la ley)
Giselle Llanio e Manuel Espiñeira (Pazo de familia)
Miguel Conde, Jorge Saavedra, Juan Galiñanes e Giselle Llanio (Serramoura)
Xacio Baño (Trote)

Mellor actriz protagonista
María Vázquez (Trote)
Melania Cruz (Contou Rosalía)
Michelle Jenner (La sombra da ley)
Rosa Álvarez Cabo (Sea beasts)

Mellor actor protagonista
Antonio Durán 'Morris' (Os Mariachi)
Luis Tosar (La sombra da ley)
Toni Salgado (O sabor das margaridas)
Xosé A. Touriñán (Land Rober)

Mellor actriz de reparto
Adriana Torrebejano (La sombra de la ley)
Beatriz Serén (Pazo de familia)
Melania Cruz (Contou Rosalía)
Tamara Canosa (Trote)

Mellor actor de reparto
Celso Bugallo (Trote)
Denís Gómez (O sabor das margaridas)
Ernesto Alterio (La sombra da ley)
Fede Pérez (Trote)

Mellor guión
Ángel de la Cruz, Diana López e Paco Roca (Memorias dun home en pixama)
Ghaleb Jaber, Raquel Arias e Eligio Montero (O sabor das margaridas)
Patxi Amezcua (La sombra da ley)
Xacio Baño e Diego Ameixeiras (Trote)

Mellor serie de televisión
O sabor das margaridas
Os Mariachi
Serramoura
Viradeira

Mellor programa televisivo
Buscadores de naufraxios
Land Rober Tunai Show
Malo será!
Zig Zag Fin de semana

Comentarios