La corrupción llega al cine

Drogas, armas, corrupción, prostitución, apostas... o mundo dos gángsters regresa ás pantallas de cine da man de Ruben Fleischer, que dirixe a Sean Penn en Gangster Squad, unha película localizada nos ambientes turbios dos anos 40 e 50 nos Estados Unidos que conta as aventuras do mafioso Mickey Cohen (Sean Penn), que goberna Chicaco con man de ferro. Fronte a el, a brigada de elite Gangster Squad tratará de facerlle fronte, ao máis puro estilo de Eliot Ness e Capone. De feito, lembra outros filmes do xénero.

Outra aterraxe americana desta fin de semana é Las ventajas de ser un marginado, un drama duro dirixido por Stephen Chbosky no que Logan Lerman interpreta un mozo marxinado, tímido, que escribe unha serie de cartas a unha persoa sen identificar nas que aborda asuntos como  a amizade, os conflitos familiares, as primeiras citas, o sexo ou as drogas. Entón, aparece na súa vida o seu primeiro amor (Emma Watson), xusto mesturado co suicidio do seu mellor amigo e coa súa propia enfermidade mental.

Por último, non falta o terror nas estreas de hoxe, coa obra canadiense Mamá, de Andrés Muschietti e con coprodución española. Jessica Chastain e Nikolaj Coster-Waldau protagonizan cen minutos de tensión nos que o espectador levará algún que outro susto, pero que non chegará a pasar medo puro nin moito menos noxo en ningún intre. Ingredientes tenos todos: dúas nenas cun pasado escuro, unha nova familia que as adopta e alguén, puro misterio, que aínda as ven arroupar todas as noites na súa cama.

Selo español ás portas da entrega dos 'Goya'

'Entre maestros’ Hoxe vai estrearse este documental de ensino de Pablo Usón, que en 85 minutos narra doce días de clases especiales dun grupo de adolescentes desmotivados

‘Muertos de amor’ Mikel Aguirresarobe leva á pantalla esta comedia romántica con Javier Veiga, Marta Hazas, Ramón Esquinas, Gabriel Chamé, Iván Massagué, Cesc Casanovas ou Carmen Ruiz

‘No’ René Saavedra (Gael García Bernal) é un executivo de publicidade que regresa  a Chile despois dun exilio en México e deseña unha brillante e optimista campaña que propugna o NON ao plebiscito chileno de 1988. Esta mestura de drama e comedia de Pablo Larraín é sen dúbida un dos platos fortes das estreas da fin de semana que, aínda con factura chilena, ten selo español.

Comentarios