Lugo brilla en Ourense: 'O corpo aberto' arrasa nos Mestre Mateo na noite riquiña de Jorge Coira

O rabadense, produtor do filme máis laureado con 12 premios, gañou pola montaxe de 'Rapa'; David Fidalgo pola curta 'Sandwich Cat' e Antonio Pereira en dirección de arte
Jorge Coira (dereita). @ACADEMIAGALEGAA
photo_camera Jorge Coira (dereita). @ACADEMIAGALEGAA

O "riquiño" de Jorge Coira sorriu toda a noite, e motivos no lle faltaron. Foi o protagonista dunha historia real, non imaxinada en ningún guión do seu irmán Pepe, que tivo por escenario o auditorio municipal de Ourense nos premios Mestre Mateo.

Alí o seu nome saía unha e outra vez a relucir na boca de todos os que subían a recibir premios por O corpo aberto, esa longametraxe de terror folk dirixida por Ángeles Huerta e baseada nun relato de Xosé Luis Méndez Ferrín que arrasou con 12 galardóns [optaba a dezaseis].

Mestre Mateo. @ACADEMIAGALEGAA
Mestre Mateo. @ACADEMIAGALEGAA

E cada unha desas veces, os gañadores citábano para darlle as grazas polo seu apoio en todas as producións nas que estivo implicado, como demostrou Lucía Veiga, mellor actriz por Rapa e que deu un dos discursos máis emotivos da noite e razóns no lle faltaban.
 

"Ata 2016 vendía teléfonos móbiles, así que grazas a esa compañía por despedirme", desvelou pletórica. Foi tamén cando recoñeceu que ese papel, polo que este sábado a premiaron, chegou "no peor momento" da súa vida, que foi a perda de "papá" e "Abraham, que estaban cando empezou Rapa e xa non están".

O nó púxoselles a todos na gorxa ante a verdade desta muller feliz polo seu premio —"xa sei Jorge que me dixeches que non era unha comedia, que era un thriller", puntualizou entre as gargalladas do público— por unha serie dirixida polo rabadense.

Díxoo ante un Tosar que acudiu a Ourense nominado por O código emperador, a película do seu amigo Jorge Coira, o mesmo co que empezou a xogar a facer cine en Lugo nos anos 80.

Moito choveu dende entón, pero alí estaban onte un ao carón doutro, e ben preto tamén do músico Piti Sanz, outro lugués daqueles anos iniciáticos.
 

Ante eles subiu Jorge Coira a recoller o Mestre Mateo a mellor montaxe por Rapa, a outra gran triunfadora da noite e na que compartiu méritos con Lucía Iglesia, Óscar Pardo e Gaspar Broullón.

Alí "o riquiño de Jorge Coira" como acaba de ser bautizado, o home que máis Mestre Mateo acumula da historia dos premios do audiovisual galego, deixou caer: "Quen contaba con isto? Eu pensaba que ía gañar Sandra [Sánchez, por O corpo aberto]?".
 

Pero chegado o momento, e entre sorrisos, quixo adicarlle o premio a "Ara [Araceli Gonda, a súa dona], que se non digo nada, logo me mira mal", chanceou. E nas dedicatorias non se olvidou de "Mariamparo e Carlos".

Non foi o único lugués que volve cun Mestre Mateo baixo o brazo: David Fidalgo Omil, cun arriscado estilismo en tons rosas e a espalda descuberta, levou o premio a mellor curta de animación por Sandwich Cat. Fíxoo ante a mirada da súa familia, incluída a súa nai, Luly, quen traballou moitos anos na desaparecida libraría Souto.

"Dedícollo á miña familia [presente na sala], e sobre todo a miña tía e a meu pai que me meteron o cinema en vena", dixo Fidalgo.

David Fidalgo (no centro). @ACADEMIAGALEGAA
David Fidalgo (no centro). @ACADEMIAGALEGAA

O lucensismo aínda non rematara os seus triunfos, posto que aínda faltaba o Mestre Mateo para Antonio Pereira, gañador na categoría de mellor dirección de arte por O corpo aberto. "Que podía saír mal con este equipo?", preguntouse a si mesmo.

Parco en palabras, non deixou de facerlle unha dedicatoria "ás xefas de localizacións",e, sobre tos, á "Román e Vega, os meus irmáns e a mamá".

Se houbo dous mantras na gala dos premios Mestre Mateo foron as familias dos gañadores e o nome de Jorge Coira, do que tamén se lembrou Tamar Novas, que lle levantou o premio a Luis Tosar, "a quen máis admiro no mundo", por O corpo aberto, a película na que Jorge Coira é produtor.

O dito foi a noite máis riquiña para o máis riquiño, Jorge Coira.

Comentarios