'Corazón de toxo' proclámase como vencedora do certame 'Este verán canta con nós'

Trátase dunha electrocumbia con ritmos propios da verbena galega, que convida ao baile e á diversión
'Corazón de Toxo'. CRTVG
photo_camera 'Corazón de Toxo'. CRTVG

A canción 'Corazón de toxo' resultou vencedora da sexta edición do certame Este verán canta con nós, promovido pola CRTVG

A peza, composta por Rotce, Adri Coyote e La Quinkillada, é unha electrocumbia con ritmos propios da verbena galega, que convida ao baile e á diversión. É por iso que o xurado, composto por Vanessa Grela, Montse Besada, Tania F. Lombao, Laura Añón e César Romero, a elexiu como vencedora outorgándolle un premio de mil euros.

A canción vencedora sucede a 'Vive Galicia', de Noelia Solleiro, que se alzara como gañadora no certame celebrado en 2021.

Comentarios