sábado. 16.01.2021 |
El tiempo
sábado. 16.01.2021
El tiempo

Conchita Paz: "A pandemia tróuxome lembranzas de cando daba clases"

Conchita Paz Montenegro, entre Xulio Xiz e Flor Sánchez. ADRA PALLÓN
Conchita Paz Montenegro, entre Xulio Xiz e Flor Sánchez. ADRA PALLÓN
A escritora rememora os seus tempos como profesora en centros de Vilalba, Castro de Rei e Lugo no libro 'Ano MMXX. Año MMXX', un poemario bilingüe no que recolle "emocións"

Conchita Paz Montenegro ten un certo reparo para revelar en que traballaba o seu pai. Ese emprego levou a familia de Vilalba a A Coruña, Ourense, Pontevedra León e Soria. Outro destino foi Barcelona, pero a ese non levou a familia. En Vilalba estivo traballando no xulgado e despois incorporouse á fiscalía de taxas "naqueles tempos de estraperlo, polo que no estaban ben vistos".

Todos eses lugares foron deixando sinais no corazón da poeta, quen indica que a vida entre Galicia e Castela determinou que o seu novo poemario, Ano MMX. Año MMXX alterne idiomas ao ter 57 poemas en galego e 19 en castelán, nos que plasma "emocións en verso libre". A autora deuno a coñecer onte en O Vello Cárcere de Lugo, en compañía do escritor Toño Núñez e da catedrática de Lengua y Literatura Flor Sánchez, con quen coincidiu no colexio Luis Pimentel de Lugo.

Despois de ser arrastrada pola profesión do pai a diversos destinos, estudou Maxisterio. Ese paso é importante para que xurdise este poemario porque, ao pasar o confinamento acordou da experiencia docente. "Non sei por que, pero as lembranzas que tiña gardadas agolpáronseme. A pandemia tróuxome lembranzas de cando daba clases".

A principios dos anos 60 foi destinada a San Simón da Costa. "Os invernos neses lugares eran moi duros de pasar, aínda que os rapaces eran encantadores. Algúns puideron estudar con bolsas, pero a maioría quedaron alí".

A seguinte escola estaba en Matodoso, na chaira de Castro de Rei, "onde chegou moita xente de fóra de Galicia e onde había cartos". Tras pasar polo Luis Pimentel de Lugo, xubilouse no Ies Ánxel Fole.

Paz Montenegro destaca do seu labor docente ter axudado a rematar co analfabetismo, "que non é non saber ou escribir, senón carece de argumentos propios".

Conchita Paz: "A pandemia tróuxome lembranzas de cando daba clases"
Comentarios