O Concello de Sarria e a Deputación celebran o 'Día das Letras' de Xela Arias

Salientan o merecido da homenaze a esta "voz singular" e "fundamental" que "anovou nos anos 80 a poesía galega en temas, estilo e forma de vida"
Xela Arias. EUROPA PRESS
photo_camera Xela Arias EUROPA PRESS

O Concello de Sarria e a Deputación provincial de Lugo celebraron este mércores a designación da poetisa sarriá Xela Arias como homenaxeada no Día das Letras.  

Nun comunicado, o Concello de Sarria salienta que estamos ante un merecido recoñecemento a una "sarriá de sentimento, de vinculación e formación" que foi "unha voz singular que anovou nos anos 80 a poesía galega en temas, estilo e forma de vida". Desde a Casa Consitorial tamén quixeron lembrar a Amparo Castaño e Valentín Arias, pais da escritora, ambos os dous "moi queridos e vinculados á cultura, a educación e ás tradicións da nosa terra".

Pola súa banda, a vicepresidenta da Deputación de Lugo e responsable da área de Cultura, Maite Ferreiro, cualificou como unha grandísima noticia para a provincia a homenaxe a Arias. Ferreiro afirmou que a autora marcou de forma "absoluta a literatura galega de finais do XX e principios do XXI". Fíxoo, ademais, dixo Ferreiro, desde a "concepción da edición, a tradución e a escritura como un todo".
Trátase, engadiu, "dunha autora capital, unha activista independente, muller e galega".

Ademais, lembrou que desde 1963, só catro mulleres foron homenaxeadas no Día dás Letras Galegas, polo que espera que Xela Arias sexa a primeira doutras moitas que tamén se merecen este recoñecemento.

Comentarios