domingo. 28.02.2021 |
El tiempo
domingo. 28.02.2021
El tiempo

Lugo promociona as súas instalacións culturais da man de artistas galegos

Arroxo y Ferreiro en O Vello Cárcere. EP
Arroxo y Ferreiro en O Vello Cárcere. EP
Durante febreiro, a violonchelista Margarida Mariño e o multiinstrumentista Abraham Cupeiro gravarán as súas obras en Lugo grazas á espectacularidade dos seus edificios

As instalacións dependentes da área de Cultura do Concello de Lugo acollerán nos vindeiros días a gravación de videoclips de recoñecidas artistas galegas. Segundo explicou a concelleira do ramo, Maite Ferreiro, "a singularidade de edificios como o MIHL e O Vello Cárcere converten a Lugo nun atractivo para moitas campañas de publicidade, o que fai que o noso concello teña unha gran promoción a nivel estatal e internacional".

Deste xeito, a violonchelista Margarida Mariño fará uso do MIHL para a gravación do videoclip Alcume, que se estreará durante a última semana de febreiro na TVG. Ademais, o multiinstrumentista Abraham Cupeiro gravará en O Vello Cárcere o seu vindeiro videoclip.

Ferreiro afirmou que "no último ano e medio, múltiples artistas e marcas solicitaron o MIHL e O Vello Cárcere para ser a imaxe das súas campañas". E engadiu: "Trátase de importantes marcas do sector da automoción e da moda, que promocionaron a cidade a nivel mundial". A edil destacou que "o MIHL foi escollido pola Spain Film Comision como unha localización a destacar de cara á gravación de obras audiovisuais".

Tamén salientou que "desde a área de Cultura" se favorece que "as agrupacións locais poidan utilizar estas instalacións como imaxe para a súa música". Finalmente, lembrou que "grupos como Infrarroja ou Telémaco, xunto co Conservatorio de Danza, utilizaron o MIHL e o Vello Cárcere durante os últimos meses para gravar vídeos musicais".

Lugo promociona as súas instalacións culturais da man de artistas...
Comentarios