Chega ao Vello Cárcere a exposición Kinetiko

O Concelleiro de Educación afirmou que "é unha exposición para toda a familia, na que se poderán descubrir historias a través de mecanismos"
 
Unha das pezas expostas na exposición Kinetiko, no Vello Cárcere. EP
photo_camera Unha das pezas expostas na exposición Kinetiko, no Vello Cárcere. EP

O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, visitou este xoves a exposición Kinetiko, que estará no Vello Cárcere ata o vindeiro 30 de xuño. A exposición, organizada pola compañía teatral Trécola, contén nove pezas únicas, deseñadas e construídas por Ero Vázquez e Manu Taboada.

En Kinetiko poden atoparse personaxes musicais, que a partires de mecanismos crean sons e ritmos, historias e contos que nacen co movemento dunha manivela ou efectos especiais utilizados tradicionalmente no teatro e no cine, entre outras pezas. Felipe Rivas afirmou que "é unha exposición para toda a familia, na que se poderán descubrir historias a través dos mecanismos de cada peza".

A exposición Kinetiko pode visitarse nas celas de mulleres do Vello Cárcere, no seu horario de apertura habitual, de domingo a mércores de 11 a 14 e de 17 a 20:30, e de xoves a sábado de 11 a 14 e de 17 a 22:30 horas. 

Comentarios