Chega ao seu ecuador a campaña de micromecenazgo do documental protagonizado por Beiras

►Nesta cinta será a primeira vez que Beiras acceda a repasar en profundidade a súa vida pública e privada nun documental ►Segundo a cantidade aportada, que abrangue dende os 15 ata os 500 euros, a productora estableceu unha serie de recompensas para todos os que se animen a colaborar co proxecto

Beirasvivirduasveces
photo_camera Imaxe promocional do proxecto de OlloVivo

A campaña de micromecenazgo de Beiras. Vivir dúas veces, o documental sobre o cofundador do BNG e Anova que se estreará na primavera de 2019, chega este días ao seu ecuador facendo un balance positivo. O proxecto, que precisa dun pequeno pulo máis para chegar á marca estipulada polo seus promotores, será a primeira longametraxe da produtora galega OlloVivo, constituída por Pepe Coira, Jorge Coira e Gaspar Broullón.

A campaña está a ter unha excelente acollida ►Os interesados en colaborar poden facelo a través deste link

Segundo a cantidade aportada polos cibernautas, que abrangue dende os 15 ata os 500 euros, a productora estableceu unha serie de recompensas para todos os que se animen a colaborar co proxecto a través da campaña que está en marcha en Verkami e que estes días está a piques de chegar ao 75%.  

Deste xeito, os participantes poderán obter acceso ao visionaido online do documental, a copias en DVD, carteis, ilustracións orixinais, convites á estrea ou mesmo á precompra de pases ou obradoiros coa presenza dos membros do equipo. Ademais, no caso de que se sobrepasen os obxectivos da proxecto, os cartos empregaranse en mellorar a produción do filme.

Tal e como sinalan os promotores, esta será a primeira vez que Beiras acceda a repasar en profundidade a súa vida pública e privada nun documental, empregando a conversa con distintas personaxes e a visita a diferentes espazos e momentos que foron claves na súa vida e na nosa historia recente. 

Vivir2Veces from OlloVivo on Vimeo.

Comentarios