domingo. 18.04.2021 |
El tiempo
domingo. 18.04.2021
El tiempo

O certame Contos de Verán premia críticas á globalización

O texto gañador foi asinado polo alfocense Lionel Rexes e o finalista, pola lucense María José López Sánchez

O certame Contos de Verán, que convoca El Progreso, premiou este ano dous relatos que cuestionan a globalización como causante da pérdida de identidade. Os gañadores desta quinta edición recolleron os seus recoñecementos de mans da presidenta de El Progreso, Blanca García Montenegro, e máis do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

A presidenta de El Progreso. García Montenegro destacou o "precioso" conto do gañador desta quinta edición, Lionel Rexes, autor de Minnesota, un conto sobre un neno galego que descobre a súa identidade a milleiros de quilómetros. Tamén dedicou palabras amable a a finalista, María José López Sánchez. Sobre o seu relato, afirmou que "representa a nosa alma, o Breogán".

A presidenta quixo confirmar a aposta deste diario polo galego e pola cultura

A presidenta quixo confirmar a aposta deste diario polo galego e pola cultura, que se plasma en iniciativas como a convocatoria anual do concurso literario. Agradeceu á Secretaría Xeral de Política Lingüística o seu apoio para poder sentir o "orgullo" de que a proposta "chegue a bo porto".

Valentín García devolveu a apreciación subliñando que "El Progreso é unha casa moi importante para a lingua galega". O secretario xeral de Política Lingüistica apreciou que o noso idioma "necesita aliados como este xornal, que ten moito impacto nos lectores e unha masa crítica que chega a toda a audiencia".

O certame Contos de Verán premia críticas á globalización
Comentarios