El relato de Dieste 'Sobre a morte do Bieito', en nueve minutos

Un paseo de nove minutos por un dos relatos máis desafiantes do rianxeiro Rafael Dieste. Unha labazada á lóxica imperante na literatura galega de principio do século XX. E, sobre todo, o proxecto en forma de curtametraxe dunha moza celanovesa, Xudit Casas, rodado en galego pero que busca o aprobado no eido internacional.


Respetando os detalles marcados pola pluma do escritor, Casas leva á pantalla 'Sobre a morte do Bieito' --incluído na obra 'Dos arquivos do trasno', 1926--, un conto no que non é o morto o que busca un contacto co mundo dos vivos, senón á inversa. Coa axuda dos propios veciños de Celanova, a moza recrea un enterro daquela época onde o protagonista é un coñecido da pequena pantalla, Marcos Correa, o vigués que encarnou a Moncho na serie da TVG 'Rías Baixas'.

A cinta navega dende el velatorio ata o enterro de Bieito, pasando pola procesión na que todos os veciños do lugar acompañan o ataúde. Será durante este paseo cando o protagonista presinta que algo non vai ben, que Bieito pode seguir con vida e que intenta comunicarse con el para que o salve da traxedia de ser enterrado vivo. Velaquí o dilema do heroe ou vilán, de quen pode salvar a vida dunha alma condenada ou daquel que recibirá o maior dos desprezos se erra. A acción desenvólvese na mente do protagonista, analizando que pode pasar, como poden reaccionar os demais ante a súa sospeita.

O equipo responsable desta curta escolleu Celanova, vila ourensá que viu nacer á directora, como escenario para dessenvolver a acción da curta. As escenas gravadas sitúanse no Santuario da Nosa Señora da Armada y na aldea de Fechas. Aínda que a versión orixinal da curtometraxe é en galego estará dispoñible con subtítulos en español, catalán, euskera, portugués, inglés, francés, italiano e alemán, nunha tentativa de dar co visto e prace do público internacional. A curta preséntase o vindeiro 31 de xullo na Casa dos Poetas.

Comentarios