Martes. 25.09.2018 |
El tiempo
Martes. 25.09.2018
El tiempo

O Ceip Albeiros de Lugo gaña o premio de banda deseñada do XVIII Correlingua

O alumnado premiado na XVIII edición do Correlingua.
O alumnado premiado na XVIII edición do Correlingua.

Uns 15.000 nenos e nenas participarán na cita do próximo 7 de maio en Compostela ► Os outros centros de ensino galardoados foron o Ceip Ramón Cabanilla, o IES Antón Fraguas, os dous de Compostela, e o CPR Seminario Menor A Inmaculada de Ourense

Uns 15.000 nenos e nenas de toda Galicia reuniranse o próximo 7 de maio en Santiago de Compostela para participar na XVIII edición do Correlingua, unha actividade que busca defender o futuro do galego e o seu uso entre os máis novos desde unha perspectiva lúdica.

Esta carreira non competitiva, que percorrerá doce localidades galegas, foi presentada este martes en Pontevedra, cidade na que se celebrará a festa final o 8 de maio.

Baixo o lema A lingua non para, alumnado de todas as etapas educativas, desde infantil a bacharelato, protagonizarán unha serie de actividades coas que reivindicarán o uso do galego e "non deixar que se pare", segundo destacou o seu coordinador, Anxo Terán.

O percorrido comezará ao once da mañá na Praza da Quintana, onde tamén se celebrará un acto presentado pola actriz Isabel Risco no que se lerá un manifesto en defensa do galego e haberá actuacións teatrais e musicais.

O secretario nacional de CIG-Ensino, Suso Bermello, lamentou o "contexto hostil" que vive en galego no ensino e esixiu a Educación un "cambio de rumbo inmediato" para non siga sendo "cómplice necesario" da súa "destrución".

Suso Bermello lamentou o contexto hostil que vive en galego no ensino e esixiu a Educación un cambio de rumbo inmediato

Bermello lembrou que o Correlingua naceu hai 18 anos para "contribuír" á normalización lingüística e a súa necesidade, engadiu, "non só segue vixente" senón que hoxe en día é mesmo "máis urxente".

No acto celebrado en Pontevedra entregáronse tamén os premios aos proxectos educativos que desenvolveron os colexios galegos ao longo de todo o curso.

O Ceip Ramón Cabanillas (Santiago de Compostela) foi o gañador na categoría de vídeo en infantil e primaria, mentres que en secundaria o mellor proxecto foi o do CPR Seminario Menor Inmaculada (Ourense).

O premio na categoría de banda deseñada foi para o Ceip Albeidos de Lugo e o IES Antón Fraguas de Santiago presentou o mellor manifesto, cun rap que combina referencias á historia da literatura galega coa prohibición actual de impartir en galego as materias científicas.

Esta peza será interpretada nas diferentes actividades que o Correlingua desenvolverá, entre os días 2 e 16 de maio, en Bueu, A Estrada, A Coruña, Santiago, Pontevedra, Lugo, Tomiño, Mondoñedo, Ourense, Monforte de Lemos, Ferrol e Vigo.

O Ceip Albeiros de Lugo gaña o premio de banda deseñada do XVIII...
Comentarios